Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

09/01/2025

Convocatoria Premios Día Mundial do Traballo Social 2025

Convocatoria Premios Día Mundial do Traballo Social 2025

O COTSG (Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia), convoca Premios Día Mundial do Traballo Social, nos que se recoñecerá unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social. Só se poderá concurrir a unha das modalidades.

Poderán participar na convocatoria as persoas que se atopen colexiadas no COTSG no momento da solicitude. Para a modalidade de TFG e TFM, tamén teñen acceso aos premios as persoas que se atopen precolexiadas no momento de realizar a inscrición no proceso e que obtivesen unha nota mínima de 7.0 (NOTABLE) na defensa do seu TFG/TFM

Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de decembro de 2024 ao 2 de febreiro de 2025

Máis información: prema aquí

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2024-2025

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2024-2025, onde se recolle información... máis »