Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »
Administración e secretaría » Descarga de impresos
DOCUMENTACIÓN PROPIA PARA INSCRICIÓN NA EUTS Curso 2026-2027
Los IMPRESOS DE INSCRICIÓN serán cubertos preferentemente, a ordenador.
- É moi importante ler os anexos e normas antes de cubrir os impresos.
- No recibo bancario é obrigatorio que apareza o nome e apelidos do/da estudante.
- Debe entregar o formulario cuberto e a documentación que se solicita no ANEXO I, nos prazos establecidos no mesmo.
Os impresos son comúns para Grao e Curso Ponte
A matrícula entregarase PRESENCIALMENTE, xunto á documentación indicada no ANEXO I e nos prazos establecidos, ou poderase remitir por correo postal certificado, tendo que figurar o selo de correos no impreso de inscrición (o dos datos persoais).
De xeito excepcional, admitirase o envío por correo electrónico, por causas debidamente xustificadas, e previa autorización do centro
Solicitude asignación centro prácticas-Practicum curso 2026-2027
Para cubrir a Ficha Practicum-Editable, descargar o arquivo no ordenador. Ao abrir o arquivo ir a Vista e Editar documento.
A declaración de parentesco entregarase POR DUPLICADO, unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación, en relación ao centro asignado. O terceiro exemplar é para o/a estudante.
Debe acompañarse certificado académico actualizado onde conste a nota media e Certificado de Delitos Sexuais.
A solicitude e documentación necesaria, ENTREGARASE PRESENCIALMENTE EN SECRETARÍA.
Impresos Inicio Practicum
Como crear unha ID Dixital en Acrobat
Titorial para creación dunha ID Dixital no Acrobat
