Novas
26/02/2025
8 de marzo - Día Internacional da Muller - Programación na EUTS
8 de marzo - Día Internacional da Muller - Programación na EUTS

Baixo o lema Mulleres visibles, loita imparable, e co obxectivo de conmemorar o día internacional da muller na EUTS propoñense as seguintes actividades, ás que se convida a participar a toda a comunidade educativa do Centro
- Mulleres en días de entroido: os días 28 de febreiro, 5, 6 e 7 de marzo, convídase a que as persoas que así o desexen veñan disfrazadas dalgunha muller representativa das ondas do feminismo, ou no seu defecto, usar algunha prenda de cor Lila
- Charla: o día 7 de marzo de 10:30 a 12:00
- Mural: traer impresa unha fotografía con breve descrición e visibilizar a labor de tres mulleres nos ámbitos do arte, a ciencia e investigación, saúde, deporte, xerontoloxía, educación, traballo social, industria ou empresa, tecnoloxía, política ou calquera outra área
Para máis información ou descargar programa, en arquivo que acompaña