Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

19/05/2025

Sinatura convenio para a integración de Traballo Social na USC

Traballo Social integrarase como centro propio da USC no curso 26-27

Xornal da USC

Co horizonte no curso 2026-2027, a Universidade de Santiago e a Fundación Santiago Apostol de Ciencias Sociais traballarán para integrar os estudos de Traballo Social nun centro propio da USC. O marco de actuación quedou establecido este luns coa sinatura do convenio por parte do reitor da USC, Antonio López, e do presidente da Fundación, Manuel Balseiro.

A Fundación ostenta desde 1999 a titularidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, que se puxo en marcha en 1957 e leva adscrita á USC desde 1983, ano no que comeza a impartir o título oficial de Traballo Social, inicialmente como diplomatura e, desde a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, como Grao Universitario.

Esta integración, manifestou o reitor, “non só fortalecerá o mapa de estudos propios da institución compostelá senón que ademais permitirá que o estudantado deste título poida beneficiarse de todos os dereitos que lles asisten como membros da USC”.

En palabras do presidente da Fundación, “a nosa ollada sempre estivo orientada á calidade e sentímonos orgullosos do que vimos facendo estes anos, pero somos conscientes do enorme impulso que suporá para a Escola a súa integración na universidade”.

Pola súa banda, a directora da escola, Teresa Facal, agradeceu “a sensibilidade do actual equipo reitoral que vai permitir a consolidación dunha proposta común entre ambas institucións”. Para ela, “o crecemento do Traballo Social como disciplina require dun contexto académico que permita desenvolver todo o seu potencial”.

Destacados
Memorias Académicas e de Actividades (II) Fundación Santiago Apóstol

Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »

Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2024-2025

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2024-2025, onde se recolle información... máis »