Novas
Conmemoración do Día Mundial do Traballo Social 2025
Conmemoración do Día Mundial do Traballo Social 2025


O día 18 de marzo celebraremos o Día Mundial do Traballo Social, baixo o lema: Fortalecer a solidaridade interxeneracional para un benestar duradero
Para conmemorar o Día Mundial do Traballo Social, o vindeiro 18 de marzo terán lugar, na EUTS, os seguintes eventos
- De 11:00 a 12:30 horas contarase coa presenza de Antonio Doval, coordinador do GIES do COTSG e traballador social no Hospital Montecelo de Pontevedra que impartirá unha conferencia sobre o papel do traballo social nas emerxencias e grandes catástrofes cos obxectivos de definir a figura do traballo social neste ámbito, coñecer os tipos de emerxencias onde se pode actuar e saber como actuar antes, durante e despois da crise.
- Seguidamente, de 12:30 a 13:30 horas, Charla "O Traballo Social e a escrita creativa". Pablo Veiga e Fernanda Arrojo farán unha achega á relación entre a literatura e o traballo social facendo unha presentación de obra literarias.
Ademais, o 20 de marzo recibiremos a visita de Óscar Cebolla, que presentará as súas obras e fará entrega de dúas láminas da súa autoría á escola de 12:00 a 13:30 horas.
Para rematar, o 26 de marzo, terá lugar unha charla titulada "Ética na intervención social. CEIS As Mariñas" ique será mpartida por Lorena González e Marta Piñeiro de 09:30 a 10:30 horas