Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »
Administración e secretaría » Matrícula
Proceso de matrícula
No apartado Administración e secretaría>Descarga de impresos, pode descargar a documentación propia da EUTS
CONVOCATORIA MATRÍCULA CURSO 2025-2026
Unha vez matriculado na USC o estudantado ten que entregar a documentación propia na Escola. O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea entregada a documentación propia na EUTS
1. PROCEDEMENTO de matrícula na EUTS
O procedemento de matrícula na E.U.T.S. implica os seguintes pasos:
- En primeiro lugar e unha vez confirmada a admisión, os/as estudantes de novo ingreso, deben cumprimentar os impresos de matrícula a través de Internet, aboando os prezos públicos establecidos cada ano pola Consellería de Educación que lle correspondan.
- En segundo lugar, debe cubrir a documentación propia, aboar os prezos establecidos polo centro nas entidades bancarias sinaladas a tal efecto (Anexo II), e acompañar unha copia da folla de matrícula na USC. O estudantado de novo ingreso ten que incluir tamén unha copia do DNI e 1 fotografía tamaño carnet. Todo iste enviarase por correo postal certificado ou entregarase presencialmente no enderezo:
Escola Universitaria de Traballo Social
Praza da Inmaculada, 5 - 3º
15704 Santiago de Compostela
Si opta polo envio postal lle recomendamos que, pasado un tempo prudencial, se poña en contacto co centro para confrimar a súa recepción
Polo tanto, para que un/ha estudante se considere matriculado/a na Escola Universitaria de Traballo Social, é necesario que estea matriculado na USC, teña entregado o resgardo de dita matrícula na Escola e estea inscrito/a nesta última.
Para a realización dos exames é imprescindible estar debidamente matriculado/a e ao día no pago das taxas, tanto da Universidade como da Escola.
Cotas e Bancos
Os prazos para o pago das cotas do curso 2025-2026 son:
- 1ª cota: antes do 15 de outubro de 2025
- 2ª cota: antes do 15 de novembro de 2025
- 3ª cota: antes do 15 de febreiro de 2026
- 4ª cota: antes do 15 de marzo de 2026
Os ingresos realizaranse en calquera das contas que figuran no arquivo adxunto, asegurándose de que figure o nome e apelidos do/a estudante
Prazos e documentación para inscrición curso 2025-2026
Estudantado de novo ingreso (matricula en 1º curso por primeira vez): Prema aquí
Estudantado que continua estudios:
- Do 1 de xullo ao 10 de setembro para matrícula na USC
- Do 1 ao 24 de xullo ou do 1 ao 10 de setembro para entregar inscrición en EUTS
Estudantado de novo ingreso no Curso Ponte ao Grao para diplomados en Traballo Social: Prema aquí
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR PARA INSCRICIÓN NA EUTS
Estudantado de novo ingreso (1º curso por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS entregando a seguinte documentación:
- Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador. Para descarga e instruccións, prema aquí
- Copia do DNI por ambas caras
- Copia do pdf da matrícula na USC
- 1 fotografía tamaño carnet
- resgardo bancario co nome do/a estudante do pago da aportación inicial
- Unha vez entregada a documentación na EUTS indicaráselle a orde de inscrición na EUTS e, en base a esta, o grupo interactivo ao que queda asignado/a
Estudantado que continua estudos: Entregarán a documentación presencialmente na Secretaría da EUTS
- Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador . Para descarga e instruccións, prema aquí
- Copia do pdf da matrícula na USC
- resgardo bancario co nome do/a estudante do pago da aportación inicial que lle corresponda
Estudantado do Curso Ponte (matrícula por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS entregando a seguinte documentación:
- Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador. Para descarga e instruccións, prema aquí
- Copia do DNI por ambas caras
- Copia do pdf da matrícula na USC
- resgardo bancario co nome do/a estudante do pago da aportación inicial