Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

27/11/25

Aberta Convocatoria de Mobilidade ERASMUS - para estancias 26-27

A USC só admite as solicitudes presentadas en liña, a través da Secretaría Virtual do Estudantado

Prazo: Do 27 de novembro ata o 22 de decembro de 2025 (ás 23:59h)

No Apartado Estudantes>Programas de Mobilidade, está colgado:

  • Convocatoria Erasmus 25-26 (para estancias curso 2026-2027)
  • Extracto Anexo I - Prazas para Traballo Social
  • Anexo II - Título de idiomas recoñecidos
  • Cronoloxía do proceso
  • Power point informativo
... máis »
13/11/25

Prazo de solicitude de modificación de hora de exame por sincronía

Prazo de solicitude de modificación de hora de exame por sincronía: A solicitude poderá presentarse ata un mes antes do inicio do período oficial de exames fixado pola USC, correspondente á oportunidade na que se dea a coincidencia.

Ver procedemento de solicitude en Normativa de interese desta web

... máis »
13/11/25

Titular Bancario Contas do Centro

A nova normativa bancaria, en relación á realización de transferencias, esixe que se inclúa o nome do/da Titular da Conta á que se quere realizar unha transferencia.

O titular das contas bancarias que figuran nos anexos dos documentos de inscripción da EUTS é Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, que é a entidade xurídica titular da EUTS.

... máis »
07/10/25

Publicación listaxe provisoria asignación praza Practicum - 2º C

A partires das 18:00 hs, e no apartado correspondente á materia Practicum do portal do estudante, publicarase a listaxe provisoria de asignación de praza de prácticas para o 2º cuadrimestre.

O estudantado que solicitou asignación para este período, recibirá no seu correo institucional (o da usc con dominio @rai.usc.es) instruccións para o acceso ao ficheiro de asignación.

... máis »
05/06/25

Comunicado AUETS - Asociación Universitaria Española de Trabajo Social

A Asociación Universitaria Española de Trabajo Social (AUETS), en consonancia coa definición global de traballo social, que inclúe os principios de xustiza social, os dereitos humáns, a resposabilidade colectiva e o respecto á diversidade, e seguindo os principios éticos de recoñecemento da inherente dignidade dos seres humáns e a promoción dos seus dereitos, emite o comunicado sobre a guerra de Gaza que acompaña

... máis »
Destacados
Memorias Académicas e de Actividades (II) Fundación Santiago Apóstol

Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »

Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2025-2026

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2025-2026, onde se recolle información... máis »